lunes, 13 de mayo de 2019

2º RETO: PREGUNTAS

As preguntas deste segundo reto son:

1-Que é esta construcción?

2-Para que serve?

3-Que significa enerxía limpa?

4-Que tipos de enerxía limpa coñeces?

lunes, 11 de marzo de 2019

1º RETO: PREGUNTAS


As preguntas no primeiro reto son:


1-Para que servían estas contruccións?

2-Quen traballaba alí?

3-Como funcionaba?

4-Existen máis como este no concello?


MOITA SORTE A TODOS E TODAS!!

NOVO CONCURSO!!

Bo día! Como o ano pasado gustouvos tanto o concurso que fixemos, decidimos facer outro este ano!

Desta volta chamarémolo: A  natureza que nos rodea!

Igual que o ano pasado, consiste en atoparme. Estarei agochado por algún lugar do noso concello...unha vez que me atopedes debedes sacar unha foto, atopar as preguntas que vos fago a través do meu blogue, e, por suposto, o máis importante: RESPOSTAR ESAS PREGUNTAS!

Os puntos serán os seguintes:

-Atoparme e facerme unha foto conmigo: 1 PUNTO
-Contestar a algunha pregunta que propoño a través do blogue: 2 PUNTOS
-Contestar a TODAS as preguntas que vos propoño a través do blogue: 3 PUNTOS

Cómpre destacar que se facedes todas as preguntas levaredes 3 puntos, non 3+2. E, sobre todo, o máis importante e contestar ás preguntas, non só a través da rede e de libros, senon preguntando aos nosos maiores, a ver que é o que recordan e escoitando aquilo que nos teñan que contar.

lunes, 12 de marzo de 2018

CULTURA CASTREXA

BO DÍA NENAS E NENOS! 
ESTIVEN VISITANDO O VOSO MUSEO ETNOGRÁFICO, É FANTÁSTICO! 
SEICA TROUXÉCHEDES MOITÍSIMAS COUSAS! HAI QUE VER COMO CAMBIARON DENDE O PASADO, E CANTO MÁIS ATRÁS VAMOS, MÁIS DISTINTOS VIVIAMOS! 
ESTA VEZ FOI UN POUCO DIFÍCIL ATOPARME, PERO TRÁTASE DUN LUGAR MOI IMPORTANTE, XA QUE NON EN TODOS OS LUGARES CONSERVAMOS RESTOS DUNHA CULTURA TAN ANTIGA COMA A CULTURA CASTREXA, TEMOS QUE INTENTAR PRESERVAR O NOSO CASTRO O MELLOR QUE PODAMOS PARA QUE SOBREVIVA A XERACIÓNS FUTURAS. NO SEGUINTE ENLACE PRESÉNTOVOS UN CASTRO QUE HAI EN GALICIA QUE ESTÁ MOI BEN CONSERVADO, A TRAVÉS DO CAL PODEMOS COÑECER COMO VIVÍAN AS XENTES QUE HABITABAN CERDIDO NO PASADO, QUE TAMÉN VIVÍAN NOS CASTROS.

miércoles, 24 de enero de 2018

OFICIOS NOVOS E OFICIOS ANTIGOS

Bo día nenas e nenos!
Xa vin que a maioría de vós fúchedes quen de atoparme! Parabéns!
Como xa vos dixen na carta, agora, con isto das redes sociais cambiaron moito as cousas...e non so a forma de comunicarse, tamén os oficios, as empresas, os colexios, as formas de aprender...Todo está en constante evolución!
Como xa vos dixen, gustaríame que trouxérades ao cole fotografías, aparellos, utensilios, etc, de cómo se traballaba antes, para así poder comparalos con como se fan agora.
No seguinte enlace tedes un exemplo de un traballo que se facía antes en Cerdido que xa non se fai! Espero que vos guste!

lunes, 27 de noviembre de 2017

A FRAGA DOS CASÁS

Moi ben!! Vexo que atopáchedes a miña primeira pista! NORABOA!!

Aquí tedes información sobre a Fraga dos Casás, e, lembrade, se atopades información extra levaredes máis puntos!! ÁNIMO!







domingo, 26 de noviembre de 2017

Coñeces Cerdido?

Benvidos ao meu blog, o blog do Trasno Trouleiro!

Como xa sabedes, a través deste blog imos ir coñecendo o noso concello e investigando sobre o mesmo a través dun divertido xogo que durará todo o curso escolar.

Vou lembrarvos as normas: 

DE VEZ EN CANDO VOU POÑER UNHA FOTO MIÑA NUN LUGAR DE CERDIDO, ACOMPAÑADO DUN CÓDIGO QR. TEDES QUE 
DESCUBRIR QUE SITIO É, IR AO MESMO ACOMPAÑADOS DAS VOSAS FAMILIAS, ATOPARME E SACARVOS UNHA FOTO. SE 
CAPTURADES CO MÓVIL O CÓDIGO QR, LEVARÁVOS A UN BLOG ONDE HAI INFORMACIÓN SOBRE A ZONA ONDE ME ATOPO.
O CONCURSO CONSISTE NO SEGUINTE:

-SE TRAEDES (OU MANDADES AO MAIL claustro.barqueira@gmail.com) A FOTO CO TRASNO NO LUGAR INDICADO: 1 PUNTO.

-SE TRAEDES A INFORMACIÓN QUE TEMOS NO BLOG QUE ATOPAREDES AO CAPTURAR O CÓDIGO QR: 2 PUNTOS.

-SE TRAEDES MÁIS INFORMACIÓN QUE BUSQUEDES POR VÓS MESMOS (BUSCANDO EN INTERNET, PREGUNTANDO AOS 
MAIORES DE CERDIDO, INDAGANDO NO CONCELLO…): 3 PUNTOS.

QUEN MÁIS PUNTOS OBTEÑA GAÑARÁ UN GRAN PREMIO AO REMATAR O CONCURSO (QUE DURARÁ ATA FINAL DE CURSO).

ASÍ QUE ÁNIMO A TODOS E TODAS E MOITA SORTE!

2º RETO: PREGUNTAS

As preguntas deste segundo reto son: 1-Que é esta construcción? 2-Para que serve? 3-Que significa enerxía limpa? 4-Que tipos de ener...